Museademe.

Inspiración, dóesme.
Musas pelexonas.
Musas malfodidas, melindreiras e imbéciles que me desgarrades os miolos con tanto berro.
Falade claro ou calade a puta boca.
Así non. Choro. Derreome.
Atormentádesme.
Soidade, amaña as cousas, pois pódes estar rodeada pero soa, coma sempre, como a ti che gusta.
Esperanza, non seas tan insensata, sabes que non é a primeira vez que levas nos dentes. Non insistas.
E ti, Inconsciencia, tómao con calma, inventa dous dedos de frente, e, se non os empregas, polo menos, tes sitio pra un flequillo.
Tristura, preciso unha tregua, bandeira branca. Quedo sen folgos cada vez que intento, sen éxito, enfrentarme a ti é a tua grandeza.
Decirche a ti, Resignación, que a frase de que "Menos dá unha pedra..." ás veces, unha pedrada fai menos estragos.
Mentres Dozura alumea pola sua ausencia, a señorita Paixón fai verdadeiras caralladas comigo.
Rapazas, poñedevos dacordo, senón imos acabar moi mal.

Comentarios

Entradas populares