Miñaxoia...Eche mellor non chorar pra non perderes o brillo deses olliños claros.

Querido compañeiro de viaxe:
Lamento dicirche que todo remata aquí.
Oxe é o día axeitado pra darlle sepulcro decisivo a esta lenda de amor tan pouco común.
Chegou o día no que debo tomar unha decisión cando antes só tomada cubalibres na barra de calquer bar.
O iate no que navegaba a miña vida topouse de frente coa costa e quedou anclado na fina area da praia pola que soia dar longas camiñatas.
Lamentablemente isto debe finalizar, porque este conto de meniños debería ter dous actores principais, e polo que lín ata o de agora só ten un. Por si tiñas dúbidas...Si. Son eu a dona dese papel principal.
Asique direi que foi bonito a pesares de non ser nada. A miña mente vagou moito por tódolos recunchos escuros dos futuros perfectos.
Deixachesme da mesma maneira que o fixo o anterior tripulante.
Coas ás rotas.
E eu sigome emperrando en querer telas novas e bonitas cando en realidade as teño cosidas. Só necesito o fío que empregan os mariñeiros pra amañar as súas redes de pesca.

Comentarios

Entradas populares