Eu. Ti. Non sei, esas cousas...

Pola túa culpa sempre acabo aquí.
Espíndo a ialma ante forasteiros ansiosos de palabras soltas, as veces con sentido, outras sen el, pero non por iso menos certas.
Acabo contándolle os pesares a extranxeiros de sempre, de nunca, de as veces, cando quizáis, onde debería estar, é na primeira taberna referíndolle as penas a unha boa cunca de queimada da casa, pero non, non hay collóns, sempre acabo tarabeleando con caras sen nome. Espída e as veces ata sen camisa.
Solto entre gargalladas que son cousas do directo.
Por ti. Por mín. Polo noso ben.
Facendo nada.
Gastándoche a vida entre pensamentos.
Pensamentos perigosos e devastadores que borran a tua imaxe do meu maxín.
Acabando cos poucos alentos que me quedan.
Fáltanme os folgos ó rebulir dun lado pra outro na cama, antes era pola tua culpa.
Eso si que era vida meu rei.
Neste intre, non sei se o que me fai arder o peito son as tres cuncas de queimada ou volver ver ese sorriso teu entre tanto borracho.
Poida que foras un soño. Que fosemos un pesadelo ou eu que sei.
Serías calquer trapallada desta mente fodida de tanta merda.

Comentarios

Entradas populares