Q e que te Q.


Corro o risco de que estes pensamentos non lle importen a ninguén e queden aquí, na memoria interna dun ordenador recién estreado, ocupando espacio baleiro que ninguén ve útil.

Apenas sei como empezar estas liñas, pois son tantos os pensamentos que hay no meu maxín que non dou secuestrado un co que despois facer algo que mereza a pena; xa sexa pra ler ou pra queimar nun lume calquera un día de Setembro de sabe deus que ano.
De fondo oese unha música rara, anormal, sen vida.
A música, amigos, seica levanta o ánimo, sinto dicir que neste intre o que está a facer e baixarme as poucas ganas de facer nada que tiña.

Esto é así. Nunca chove a gusto de todos.
Abofé que non, e falo en sentido literal, pois aquí, tralo cristal o único que vexo e unha choiva fina que cae por enriba dos carballos. Carballos apenados por pasaren tantos días sen luz nin cheirar paseos de namorados que se rouben bicos debaixo desas follas suas tan alumeantes de vida.
Apenas, sen darnos conta, imos vendo que a xente precisa de nos, mans amigas ás que agarrarse cando a caída é case inminente, un hombro no que chorar cando nos parece que o mundo é tan escuro como a boca do lobo, unha cara amable que nos diga que todo vai saír ben, ou unhas palabras duras se ven que estamos indo polo mal camiño.
Valor pra saber con quen é mellor compartir o silencio, a tranquilidade, escoitar respiracións e latexos do corazón.
É agradable saber que nos precisan como nos precisamos a outros algúns momentos de debilidade.
Abrazos deses nos que se che pechan os ollos e nos cales non queres soltar á outra persoa por medo a que che escape a ialma do corpo e ande por ahí perdida, buscando caras nas que quedar a vivir, ou, pola súa contra, caras onde quedar  a morrer.
Falar espidos ata que o galo anuncie o novo día e seguir ata o solpor como se o único que pasasen fóran os minutos dun cuarto de hora.
E ansiar o máis difícil: Querer e que te queiran.

Comentarios

Entradas populares