Un nome peculiar.

Ven.
Escoitame pensarte a tódalas horas do día.

Camiña ó meu carón cando sintas que estou desacougada, e eu, namentres, prometoche camiñar á tua beira cando a escuridade sea maior que a cor da roupa que levas posta, cando non vexas os zapatos na noite ou cando se escoite máis ó ruído do silencio que a tua propia respiración.

Estarei ahí cando precises non falar con ninguén, cando queiras que alguén te escoite, ou simplemente cando che apeteza que te miren os ollos un bo anaco.
Os ollos non minten querida.

Cando os pensamentos batan violentamente contra as esquinas redondas do teu maxín e sintas que os moratons van por dentro e non por fora, ahí estarei.

Se o pensas ben, os aloumiños son unha boa fonte na que afogar.

Ti non te mates por min e eu non morrerei por ti. Morre comigo. Ó meu carón.

Ó fin é o cabo, dous corpos sen vida, sempre foron moi poéticos.

Quérote. En galego e con til.

Comentarios

  1. Hola me gusto tu blog te invito a pasar por el mio, saludos!!
    buscandolaspalabrasenuntintero.blogspot.mx

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares