Vellos con uve.



  
Sigo dicindo que é escasa a xente que resulta intelectualmente atractiva.
De súpeto aparecen.
Semellan ser vellos mariñeiros.
Recalco a palabra vello. Si, con 'V', pois son contadas as persoas que miran para un vello.
Ollando as cicatrices que traen ó lombo véselle que agochan grandes historias.
Poida que conten máis esas feridas de guerra que mil cadernos de bitácora carcomidos polo sal dese mar no que día a día puxeron en xogo a súa vida.
Comezan o conto queixándose do duro que lles foi ó longo dos anos.
Lamentándose de tropecentas cousas.
Cun pouco de paciencia irán collendo confianza e dirannos que lle gustan os pobos galegos, camiñar polo monte, e estar á sombra dunha nogueira ca sua parienta.
Prestándolle un pouco de atención ás cousas que nos rodean daremonos conta de que o mundo ten outra cor.
Cores cálidas e afables.
Cando observedes o mundo no que vivides teredes a mesma sensación ca min.
Aínda a estas alturas, non me quedou moi claro se aquel home era un vello lobo de mar ou simplemente un vello calquera con antoxo de que alguén lle fixera caso.
Que simplemente precisaba falar cunha mociña de vintetantos anos.
Cheguei á conclusión de que a miúdo cos descoñecidos nos entendemos doutra maneira.

Comentarios

Entradas populares